Se este ano tedes pensado pasar uns días ou semanas gozando das vantaxes dunha gran cidade como Barcelona e ao mesmo tempo non sufrir os inconvenientes, esta oferta pódevos interesar:

Goza dun cuarto amplío e con moita luz para dúas persoas, con vertedeiro e plataforma para o microondas. O piso atópase nun barrio moi tranquilo de Igualada, unha cidade media e acolledora. Con autobuses diarios para Barcelona que te deixaran na gran cidade ... Tamén dispós de trens, un ou dous cada hora. Ambas estacions están a 8 minutos da casa.



Se es amante do sendeirismo e o excursionismo, Igualada encóntrase moi preto da montaña de Montserrat. En verán dispoñedes de autobuses que vos levarán ás praias máis próximas en pouco máis dunha hora.
No piso estamos neste momento dúas persoas, unha moza galega e eu, os espazos da casa, como a cociña e o comedor, son grandes. Todos os servizos son comúns: dous lavabos-ducha, cociña, lavadora, sala de estar / comedor, balcón. O edificio dispón de ascensor, aínda que as escaleiras son de inclinación moi suave. O barrio é moi tranquilo e é fácil aparcar.
De igualada resalta o seu Paseig Verdaguer e o centro histórico, así como o Museo da Pel.
Recomendado tamén visitar o Ateneo Igualadino da Clase Obreira, cheo de historia e onde se fan moitas actividades culturais.

O prezo do cuarto é de 10 € / día (1 ou 2 persoas). A partir dunha semana de estadia reciberedes un 10% de desconto. Se sodes família con algún neno podemos estudar as posibilidades de aloxamento.